31/5/10

X CERTAME POESÍA E IMAXE


Hoxe tivo lugar o encontro que periodicamente a Coordenadora das Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra convoca neste tempo dende hai xa dez anos. A primavera e a poesía sempre foron da man, e esta tarde tivemos a oportunidade de ver os fermosos traballos dos distintos niveis educativos na exposición do Centro Cívico Carvalho Calero. Mesmo contamos coa música dun grupo de estudantes do Conservatorio de Ferrol que nos fixeron mover os pés ao ritmo de moitas pezas tradicionais galegas, e que despediron o acto cun emotivo Himno Galego que todos os demais cantamos.
Desde aquí queremos felicitar a quen cada ano fai posible que isto se repita, e a todas e todos os participantes polo seu magnífico traballo.
En especial, a nosa NORABOA a Anxo, Ernesto e Laura.
Moitas felicidades e...
A SEGUIR TRABALLANDO ASÍ DE BEN.
ESPERAMOS A PRÓXIMA CITA, ATA ENTÓN...
QUE VIVA A POESÍA! QUE VIVA O GALEGO!









A hortiña: un lugar de encontros e xogos en galego.


Un grupo de pais e nais de Ferrolterra deciden xuntarse para que os seus fillos e fillas teñan a oportunidade de xogar e medrar en galego nun entorno castelán-falante como o que nos rodea.


O vídeo dirixido por Ana Mª Pérez Rico, mestra no CEIP de Centieiras, forma parte da campaña "Orgullosos do noso, orgullosos do galego" da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización Lingüística.




En Galego tamén se fai ciencia

A defensa do galego vai máis alá do emprego literario ou da reflexión lingüística, e inclúe o seu uso cotián en todos os ámbitos, tamén nos espazos específicos de investigación. As tres universidades galegas inician a campaña "En galego tamén se fai ciencia".

Xavier Alcalá, Beatriz de Carlos, Ángel Carracedo, Domingo Docampo, Edita de Lorenzo, Marcos Mariño, Jorge Mira e Elena Vázquez-Cendón son algunhas das persoas que fan ciencia en galego, e que, ademais, quixeron dar as súas ideas, poñer os seus rostros e explicitar o seu compromiso na campaña En galego tamén se fai ciencia, promovida polos servizos de normalización lingüística (SNL) das tres universidades galegas.Toda a información en www.engalegotamensefaiciencia.eu


20/5/10

UXÍO NOVONEYRA

Mañá celebraremos na nosa biblioteca o Día das Letras Galegas, con cancións, poemas, teatro e adiviñas, e aproveitaremos para repartir a pegatina que elaboramos para a conmemoración desta festa.
Estas semanas estivemos a traballar para preparar a exposición.


Este poema adicoullo á súa filla, Branca-Petra.

No bicarelo do bico do brelo canta o paxariño.
No mesmiño bicarelo do bico do brelo.

E aquí deixamos unhas imaxes de O Courel con música de Luar na Lubre


En pequesPazos e Cinco anos e máis tedes outras cousas interesantes para ver, non deixedes de visitar estes blogs de infantil.

9/5/10

POEMAS DE UXÍO DESDE MOAÑA

Esta é a escolma que nos envían desde o CEIP de Quintela, en Moaña.
Quince poemas para recitar con esta preciosa presentación. Grazas a Isa e a Belén por compartir este traballo tan bonito.

6/5/10

Letras Galegas 2010: Uxío Novoneyra

Uxío Novoneyra naceu en Parada de Moreda, Courel, en 1930, fillo dunha familia de labregos. Esta terra será o principal referente físico para os seus versos, ofrecendo unha anovadora visión da paisaxe dentro da literatura galega. No ano 1955 deu ao prelo Os eidos, poemario con que comeza un ciclo poético que retomará con Os eidos 2. Letanía de Galicia e outros poemas (1974). Nos comezos da década de 80, o poeta principia a recompilar e depurar o seu ciclo courelán, dando a lume Os eidos. Libro do Courel (1981), que terá diversas reedicións. No ano 1983 afíncase definitivamente en Santiago, cidade desde a cal exerceu como presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega, até a súa morte no ano 1999.



Ler máis na páxina da ASOCIACIÓN DE ESCRITORES EN LINGUA GALEGA.

Desde a Coordinadora Galega dos Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística podemos acceder a unha recopilación de materiais didácticos elaborados para conmemorar o Día das Letras Galegas 2010, adicado a Uxío Novoneyra.


(preme na imaxe para seguir a ligazón)

desconxeLE

desconxele é un proxecto de fomento do hábito lector que se puxo a andar neste 23 de abril Día do Libro.
Para non chegar a un enfriamento lector, desde a Editora 2.0 propoñennos desconxelar as lecturas dos nosos andeis-conxeladores ou que nos acheguemos á nosa libraría de referencia para conseguir un novo libro e realizar o acto lector. Tamén pódese conservar no andel para cando o acto lector che sexa máis apropiado.
Lembra que ler é conversar cun autor, un diálogo continuo e perdurable do que sempre disporemos, sexa conservado en formato sólido (en papel) ou en formato líquido (dixital).

En canto a esta nova campaña, modesta polo momento, conta cun vídeo que podedes ver a continuación.



En 60 librarías de toda Galicia distribúese este empaquetado específico para os libros que merquedes. Tenta conseguir o teu!!

Ademais, desde a queremos propoñerche que envíes a este correo electrónico unha listaxe cos 5 libros imprescindibles que cres que deben estar traducidos ao galego.

Participa da implementación desta campaña propoñéndonos accións creativas para o fomento do hábito lector. Achégate a nós. Temos moito por facer na comunidade galega de lectura e queremos contar co teu pulo. Anímate!!!

15/4/10

Premios Maestro Mateo 2009

Antes de que se constituíse a Academia Galega do Audiovisual, foi a Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi) quen se decidiu a organizar uns premios anuais, baixo o nome da propia asociación. Os premios Agapi celebráronse entre os anos 1996 e 2001. En 2002 os premios recibiron o nome do cineasta Chano Piñeiro, e foron organizados conxuntamente por Agapi e pola nova asociación de produtoras que se viña de constituír, Aega.A Academia naceu en certa medida coma a entidade que mellor podería asumir a organización duns premios desta natureza, xa que nela participan, en pé de igualdade, os profesionais dos distintos gremios dentro do audiovisual. E, así, a partir de 2003 os Premios pasaron a ser os Mestre Mateo.



"Os premios Mestre Mateo supoñen unha serie de actividades que teñen como evento culminante unha gala retransmitida por televisión. Os premios teñen tanto de balance coma de promoción, son celebración e reivindicación de que no seo da sociedade galega existe un audiovisual activo"

Os membros da Academia escollen democraticamente aqueles traballos colectivos e individuais que lles parecen os mellores, de entre todos os realizados e presentados o ano anterior. A escolla faise en dúas fases. Nunha primeira votación participan a totalidade dos traballos presentados. A segunda e definitiva votación faise sobre os catro traballos que acadaran maior respaldo. Despois, un notario encárgase da facer o reconto das votacións emitidas polos académicos. Por último, os premios fanse públicos e entréganse durante unha gala, que se adoita celebrar en abril.Os Premios Mestre Mateo son, pois, unha singular oportunidade para obter anualmente unha panorámica xeral do audiovisual galego desde a perspectiva dos académicos.







Entre as candidaturas deste ano, destacan CELDA 211, e GORDOS nas longametraxes, PADRE CASARES e MATALOBOS nas series de televisión,


o corto de animación "A NENA QUE TIÑA UNHA SOA ORELLA"

e os actores LUIS TOSAR e o naronés XAVIER DEIVE.











Non te perdas a gala esta noite na TVG!!!

LV: O primeiro periódico gratuito galego.


LV é o primeiro xornal gratuito galego, escrito tamén en galego. Sae de Luns a Venres e distribúese nas principais cidades da nosa Comunidade Autónoma.


PINCHA NA IMAXE PARA LER O XORNAL DE HOXE!!!


Ou segue a súa edición dixital no seguinte enlace.

26/3/10

Xulia: "Aprendinlle o galego da miña nai"


Xulia ten seis anos e fala seis linguas: galego, francés, castelán, inglés, portugués, neerlandés, e algunha outra. Vive entre Bruxelas e Vigo. Porque as linguas suman, non esquezamos a nosa.



26/2/10

Os ciberirmandiños


Sabes que a enciclopedia de referencia en Internet, a Wikipedia, ten en galego a décima parte dos artigos que en español, pese a que a porcentaxe de galegofalantes no mundo é 0,7% da de hispano falantes?

Que hai aplicacións informáticas que se traducen antes ao noso idioma que ao francés ou ao alemán?

Que tamén está traducida Facebook, a rede social que tende a ter tantos membros no mundo como usuarios de Internet, e na súa irmá emerxente, Twitter, o galego está entre os 20 idiomas máis usados?

O idioma propio de Galicia ten unha presenza na Rede moito máis elevada que nos medios de difusión tradicionais, e todo iso non con subvencións oficiais, como reza o mantra neoliberal, senón grazas ao esforzo desinteresado de milleiros de persoas.




Se queres ler todo o artigo na edición dixital de El País, preme aquí

24/2/10

ROSALÍA...

Cantor
dos aires,
paxariño alegre,
canta,
canta por que o millo medre;
cantor
da aurora,
alegre namorado,
ás meniñas dille
que xa sal o sol dourado;
que o gaiteiro,
ben lavado,
ben vestido,
ben peitado,
da gaitiña
acompañado,
¡á porta está!...
¡Xa...!
Rosalía de Castro naceu o 24 de febreiro de 1837 en Santiago de Compostela.
Na Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes podes escoitar na voz de Marina Mayoral algúns dos seus poemas; e ver imaxes dela e da súa familia.
Entra a visitar a fermosa páxina da nosa poetisa eterna... ROSALÍA