Grazas á nosa ex-compañeira e amiga Ana Martinez podemos empezar a traballar o Día das Letras Galegas con este libro LIM para Infantil e 1º ciclo sobre o escritor e poeta Lois Pereiro, a quen se lle adica este día no ano 2011. Grazas, compi!!!
Mañá celebraremos na nosa biblioteca o Día das Letras Galegas, con cancións, poemas, teatro e adiviñas, e aproveitaremos para repartir a pegatina que elaboramos para a conmemoración desta festa.E aquí deixamos unhas imaxes de O Courel con música de Luar na Lubre
En pequesPazos e Cinco anos e máis tedes outras cousas interesantes para ver, non deixedes de visitar estes blogs de infantil.
Uxío Novoneyra naceu en Parada de Moreda, Courel, en 1930, fillo dunha familia de labregos. Esta terra será o principal referente físico para os seus versos, ofrecendo unha anovadora visión da paisaxe dentro da literatura galega. No ano 1955 deu ao prelo Os eidos, poemario con que comeza un ciclo poético que retomará con Os eidos 2. Letanía de Galicia e outros poemas (1974). Nos comezos da década de 80, o poeta principia a recompilar e depurar o seu ciclo courelán, dando a lume Os eidos. Libro do Courel (1981), que terá diversas reedicións. No ano 1983 afíncase definitivamente en Santiago, cidade desde a cal exerceu como presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega, até a súa morte no ano 1999.Ler máis na páxina da ASOCIACIÓN DE ESCRITORES EN LINGUA GALEGA.

Como xa está próxima a nosa celebración do Día das Letras Galegas, aquí tendes unha interesante biografía audiovisual sobre o homenaxeado, contada en primeira persoa e chea de lembranzas da súa infancia.

E vía a Bibliotecadocole chéganos este O RAP DA LINGUA (MIGALLAS).
QUE FALEMOS EN GALEGO
É UNHA COUSA NATURAL,
COMA A CHUVIA NO INVERNO
E A CALOR NO VERÁN.
EN GALEGO! XA! SI! (BIS)
AINDA HAI PAIS QUE NON LLES FALAN
ÓS SEUS FILLOS EN GALEGO
PORQUE PENSAN QUE É UNHA LINGUA
PARA POBRES E "PALETOS".
AOS TEUS PAIS ANIMARÁS
A FALARCHE EN GALEGO,
QUE NON CHE VAN SAÍR GRANS
NIN TAMPOUCO CAE O PELO.
HAI RAPACES E RAPAZAS
QUE Ó IR Ó INSTITUTO
NON QUEREN FALAR GALEGO
PORQUE DIN QUE É MONTUNO.
MAIS SE ALGUÉN CHE FAI TILÍN
E O QUERES NAMORAR
FAILLE AS BEIRAS EN GALEGO,
DE SEGURO LIGARÁS!
HAI RAPACES E RAPAZAS
QUE QUEREN FALAR GALEGO
PERO AÍNDA NON O FALAN
PORQUE DIN QUE TEÑEN ERROS.
ANQUE O FALES TODO O DÍA
NON CHE PODE SENTAR MAL.
NIN DÁ MOCOS, NIN DÁ FEBRE.
FAI A PROBA E XA VERÁS!
FALEMOS A NOSA LINGUA
QUE É UNHA LINGUA MOI MODERNA,
AS ESCOLAS E NAS CASAS
NAS CIDADES E ALDEAS.
EN GALEGO! XA! SI!