26/2/10

Os ciberirmandiños


Sabes que a enciclopedia de referencia en Internet, a Wikipedia, ten en galego a décima parte dos artigos que en español, pese a que a porcentaxe de galegofalantes no mundo é 0,7% da de hispano falantes?

Que hai aplicacións informáticas que se traducen antes ao noso idioma que ao francés ou ao alemán?

Que tamén está traducida Facebook, a rede social que tende a ter tantos membros no mundo como usuarios de Internet, e na súa irmá emerxente, Twitter, o galego está entre os 20 idiomas máis usados?

O idioma propio de Galicia ten unha presenza na Rede moito máis elevada que nos medios de difusión tradicionais, e todo iso non con subvencións oficiais, como reza o mantra neoliberal, senón grazas ao esforzo desinteresado de milleiros de persoas.




Se queres ler todo o artigo na edición dixital de El País, preme aquí

24/2/10

ROSALÍA...

Cantor
dos aires,
paxariño alegre,
canta,
canta por que o millo medre;
cantor
da aurora,
alegre namorado,
ás meniñas dille
que xa sal o sol dourado;
que o gaiteiro,
ben lavado,
ben vestido,
ben peitado,
da gaitiña
acompañado,
¡á porta está!...
¡Xa...!
Rosalía de Castro naceu o 24 de febreiro de 1837 en Santiago de Compostela.
Na Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes podes escoitar na voz de Marina Mayoral algúns dos seus poemas; e ver imaxes dela e da súa familia.
Entra a visitar a fermosa páxina da nosa poetisa eterna... ROSALÍA

ORGULLOS@S DO NOSO

9/2/10

AS LINGUAS MORREN


Faleceu a última falante dunha lingua tribal que levaba 60.000 anos nas illas Andamán, da India. Boa Sr era a mái anciá dos granandamaneses, dos que xa únicamente sobreviven 52 personas.

Crese que os bo levaban vivindo nas Illas Andamán uns 60.000 anos, o que os convertía nos descendente e herdeiros dunha das culturas humanas máis antigas da Terra.


Non hai moito, a muller confesaba que sentía unha angustia cada día por ser a única testemuña muda da perda dunha cultura. En Prensa Indígena podes ler este artigo íntegro.

Segundo a profesora Anvita Abbi (segunda pola esquerda na foto), hai unha crenza xeral de que os idiomas que se falan nas Illas Andaman poidesen ser os derradeiros representantes das linguas que se falaron nos tempos pre-neolíticos. Resto da reportaxe en BBC Mundo.

latri.ca - Fala, latrica, opina

«Twittear» en galego dise «latricar». Internet conta desde hai menos dun mes cunha nove rede social de "microblogging", é dicir, un portal onde os usuarios se comunican a través de mensaxes de menos de 200 caracteres, e que está feita en Galicia.

Chámase Latri.ca, e é un proxecto dun grupo de usuarios que adican o seu tempo libre a "crear proxectos en galego para Galicia". Coa mesma idea naceu Sinxelo, un servizo de novas clasificadas e gratuíto; e Blogalego, un buscador de bitácoras en galego.