26/3/10
Xulia: "Aprendinlle o galego da miña nai"
26/2/10
Os ciberirmandiños

24/2/10
ROSALÍA...
9/2/10
AS LINGUAS MORREN
Faleceu a última falante dunha lingua tribal que levaba 60.000 anos nas illas Andamán, da India. Boa Sr era a mái anciá dos granandamaneses, dos que xa únicamente sobreviven 52 personas.
Segundo a profesora Anvita Abbi (segunda pola esquerda na foto), hai unha crenza xeral de que os idiomas que se falan nas Illas Andaman poidesen ser os derradeiros representantes das linguas que se falaron nos tempos pre-neolíticos. Resto da reportaxe en BBC Mundo. 
latri.ca - Fala, latrica, opina
«Twittear» en galego dise «latricar». Internet conta desde hai menos dun mes cunha nove rede social de "microblogging", é dicir, un portal onde os usuarios se comunican a través de mensaxes de menos de 200 caracteres, e que está feita en Galicia.
Chámase Latri.ca, e é un proxecto dun grupo de usuarios que adican o seu tempo libre a "crear proxectos en galego para Galicia". Coa mesma idea naceu Sinxelo, un servizo de novas clasificadas e gratuíto; e Blogalego, un buscador de bitácoras en galego.
31/1/10
Eu falo TV
Eufalo.TV argallouse entre A Navalla Suíza e un equipo de colaboradores formado por Noa García, Manu Mayo, Belén Regueira, Araceli Gonda, Xandra Tedín, Mabel Montes, Mónica Ares e Matías Tarrío, entre outros.
Todo o mundo está invitado a participar, cando ve os vídeos e cando os comenta ou os comparte nas súas redes sociais. Pero aínda se pode contribuír de maneira máis activa, pois os vídeos de Eufalo.TV tamén os podemos facer nós. Se non resistes a tentación de enviar a túa peza, mira aquí como facelo.
Os nenos e o galego
18/1/10
PRONUNCIAMENTO DA RAG SOBRE O DECRETO

E ademais, vía o blog do ENDL do CEIP de Andrade, podemos ler
Decálogo para ser lingüísticamente sostibles16/1/10
A resposta do ensino e de toda a sociedade
Ante o ataque galegofóbico, antipedagóxico e preconstitucional que supón a proposta, firme, de derrogación do decreto de promoción do galego no ensino, está a ser un clamor a necesidade de dar respostas sociais. Como se mostra nesta ampla recompilación de artigos, análises e posicionamentos, á que cómpre engadir esta contundente opinión de Xavier Vence.
E a primeira desas respostas será a folga xeral do xoves 21. Nunca houbo tantas razóns.
23/12/09
Quen é o Apalpador?
Moito antes de que a sociedade de consumo importase dos países nórdicos a Papá Noel, en Galiza xa habitaba a figura mítica do Apalpador. O Apalpador é un home de barba rubia, un vello xigante, que vive nas devesas das altas montañas facendo carbón para escorrentar o frío do inverno. Na noite do 24 de decembro baixa ata as aldeas, métese polas chemineas nas casas e achégase aos nenos e ás nenas que dormen ao remol das mantas e apálpalles as barrigas para ver se os cativos están ben alimentados. Dálles un bico na meixela e déixalles unha presa de castañas para que non pasen fame. O Apalpador é moi lambeteiro e se os nenos lle deixan un calcetín ou uns zapatos con algo doce para axudarlle a andar toda a noite visitando todas as casas de todos os nenos galegos, el entrégalles os agasallos de madeira, tea e cartón que fixo coas súas mans no tempo de lecer do resto do ano.
Ao Apalpador gústanlle máis os xoguetes feitos á man con materiais naturais como a madeira ou o barro, cheos de cariño e respectuosos co medio ambiente, que aqueles de plástico, automáticos e con pilas que gastan moita enerxía e empobrecen os nenos e nenas doutas partes do planeta.
Bo Nadal
Mañá é Noite Boa, noite na que celebramos o nacemento de Xesús. Aquí vos deixo este precioso vídeo que recolle este gran momento, coa música de Berrogüetto "Nadal de Luintra" e as imaxes de "Natividad, la historia", de Catherine Hardwicke.

