31/1/10

Eu falo TV

Eu falo.TV é un proxecto de documental colaborativo. É unha historia colectiva sobre a lingua, dende o punto de vista dos seus falantes. É, por tanto, unha historia feita a partir de pequenas historias, un discurso feito con moitos discursos diferentes e variados. Para que cada quen tire as súas propias conclusións.


Eufalo.TV argallouse entre
A Navalla Suíza e un equipo de colaboradores formado por Noa García, Manu Mayo, Belén Regueira, Araceli Gonda, Xandra Tedín, Mabel Montes, Mónica Ares e Matías Tarrío, entre outros.

Todo o mundo está invitado a participar, cando ve os vídeos e cando os comenta ou os comparte nas súas redes sociais. Pero aínda se pode contribuír de maneira máis activa, pois os vídeos de Eufalo.TV tamén os podemos facer nós. Se non resistes a tentación de enviar a túa peza, mira aquí como facelo.


Os nenos e o galego



1 comentario:

  1. Creo que é unha entrada moi interesante. Depende de nós, dos nosos profes, das familias, transmitir ese agarimo pola nosa lingua e a nosa cultura; e máis nestes momentos tan difíciles. Non se trata de restar, trátase de SUMAR!

    ResponderEliminar