21/6/11

Novo número de A Peneira

Un ano máis estamos aquí cun novo exemplar da nosa revista escolar “A Peneira”, concretamente o nº 18, para poder amosarvos o traballo realizado por toda a Comunidade Educativa durante este curso 2010-2011.
Coma sempre, o obxectivo do Equipo de Normalización Lingüística e do Equipo de Biblioteca é que esta nova edición sirva para contribuír á normalización da Lingua Galega na nosa comunidade escolar e que os nosos rapaces e rapazas poidan achegala máis alá do noso centro.

Nela poderemos ver unha mostra das actividades que fixeron os alumnos de Infantil e Primaria ao longo destes intensos meses, pois eles son os principais protagonistas desta revista e foron feitas con moito esforzo e ilusión pola súa parte.






1 comentario:

  1. Encántame todo, todo , todo. Hai que ver canto traballáchedes este curso!!!!! e os demais claro está ;).Un biquiño para todos e sobre todos para os rapaces de sexto que empezarán unha nova andaina no insti.
    Muac, Muac

    ResponderEliminar