10/11/09

DÍA DO PEÓN




Hai uns días falabamos de... "Polo San Martiño, peóns no camiño" (Pica se queres recordar a nova e os vídeos). Por fin chegou o día! Mañá celebramos o Día do Peón. Aquí vos deixamos o Manifesto de Suso de Toro, de novo o enlace a Brinquedia, e uns vídeos para que vexades que o peón é internacional, que fala moitas linguas e que sabe de moitas culturas. Recordade! Mañá xogaremos no recreo. Todos e todas preparados!
Por certo, se queredes refrescar a memoria, podedes acceder a unha entrada antiga do blog da biblio onde podederedes ver fotos da celebración de hai dous anos e tamén repasar a letra da "Buxaina", do Grupo Ledicia, de Caranza, Ferrol (CEIP Manuel Masdías)

Manifesto do "Día do peón 2009"

TIRA POLA PIOLA

Traballar todo o ano cansa, traballar un día e mais outro na mesma cousa é aborrecido. Así e todo hai días nos que o traballador ten o corpo golfo e quere brincar, eses días fabrica cousas para a alegría. Estes días pasados os ferreiros que fan ferramentas e os carpinteiros que amoblan as casas deixaron estar os traballos e armaron animaliños de madeira con punta de ferro. Son bichiños viradores.
Baila, bailarín, baila,
Danza, salta, o meu peón,
Brinca a miña buxaina
O meu trompo toleirón

O peón é barrigón e polo pé moi agudo, é un bicho que quere brincar e que naceu aprendido, xa sabe bailar. Nada máis falta que ti aprendas primeiro, a buxaina vai agardar que alguén che ensine primeiro a que a envolvas coa túa piola, a modiño, con xeito, unha volta e mais outra. Á que está envolta hai que sacar a lingua polo canto da boca e logo, atención, aí vai o peón!
Elvira, tira,Manuel,
dalle á piola.
Son o teu trompo,
Lánzame que non rompo.
Suso de Toro





Chispa cóntanos máis cousas no blog da nosa biblioteca

1 comentario:

  1. O día do peón foi moi divertido.Aínda que non din bailado a buxaina, paseino moi ben.A Feli, miña mestra,salíronlle casi todas, era incrible.
    Logo probou a profe de inglés e á primeira
    saiulle ¡que sorte!
    DAVID MEDÍN DE 4º

    ResponderEliminar