17/5/09

EN GALEGO TES TODO POR VIVIR!

A Secretaría Xeral de Política Lingüística, dentro da campaña "PALABRAS ENCADEADAS", aposta pola promoción do galego dende a rede para achegarnos con facilidade a todos e a todas vós, unidos na curiosidade de visitar e compartir este espazo virtual para poñer en valor a contemporaneidade, a utilidade, a expresividade e a vitalidade da lingua galega e, sobre todo, para compartir o seu uso.

Nesta ocasión as palabras, o material de construción da nosa lingua, serán as protagonistas. Desta volta imos convivir coas palabras, imos prendelas, apreixalas, rotalas, fotografalas, encadealas, gravalas en vídeo... Imos usar as palabras, as moléculas do galego, para afrontar todo iso que temos por percorrer, por inventar, por vivir, por aprender, por transmitir. E logo! En galego, temos todo por vivir.

Velaiquí vos van un montón de ideas para encher o noso mural de PALABRAS AGASALLADAS.

1 comentario:

  1. En quinto e sexto pensamos unhas cantas este venres pasado para completar o noso mural das palabras agasalladas: antroido, bubela, carballo, donicela, enxebre, frangulla, golfiño, larafuzas, moucho, noxo, ollomol, pinchacarneiro, queimada, reviravolta, sapoconcho, tixola, vagalume, xoaniña... e moitas mais. ¿A que son preciosas?

    ResponderEliminar