17/11/16

Xogos Populares o Día do Peón 2016 - Google Fotos

O pasado 11 de novembro celebramos o Día do Peón todos xuntos no patio, e aquí tedes as imaxes

Xogos Populares o Día do Peón 2016 - Google Fotos

21/6/11

Novo número de A Peneira

Un ano máis estamos aquí cun novo exemplar da nosa revista escolar “A Peneira”, concretamente o nº 18, para poder amosarvos o traballo realizado por toda a Comunidade Educativa durante este curso 2010-2011.
Coma sempre, o obxectivo do Equipo de Normalización Lingüística e do Equipo de Biblioteca é que esta nova edición sirva para contribuír á normalización da Lingua Galega na nosa comunidade escolar e que os nosos rapaces e rapazas poidan achegala máis alá do noso centro.

Nela poderemos ver unha mostra das actividades que fixeron os alumnos de Infantil e Primaria ao longo destes intensos meses, pois eles son os principais protagonistas desta revista e foron feitas con moito esforzo e ilusión pola súa parte.






5/6/11

VALENTÍN PAZ ANDRADE



Valentín Paz Andrade naceu en Lérez (Pontevedra) o 23 de abril de 1898. Despois dunha longa traxectoria como xurista, político e escritor, morreu en Vigo, o 19 de maio de 1987.

Será homenaxeado no Día das Letras Galegas do 2012. Naceu un Día do Libro e morreu case un Día das Letras Galegas...

18/5/11

POESÍA E IMAXE 2011

Hoxe pola tarde asistimos á entrega de premios da 11ª edición de "En Galego sen Filtro. Poesía e Imaxe" no centro cívico Carvalho Calero. Un acto amenizado co grupo de clarinetes do Conservatorio Profesional de Música Xan Viaño, de Ferrol. Pola nosa parte, noraboa a Dan Rivas Núñez, de 5º de Infantil e a Leandra Luísa do Rego Martínez, de 6º de Primaria, que coas súas ilustracións amosaron a beleza que une, en ocasións coma esta, a imaxe e a palabra. Para nós, a palabra xaponesa e a portuguesa irmanadas coa galega como mostra da riqueza das linguas no mundo.


Dan fixo o fermoso debuxo ilustrando o poema en xaponés:


A bolboreta perfuma

as ás no recendo

da orquídea.

Basho


Leandra ilustrou este poema en portugués:

Verdes sao os campos

da cor do limao

assim sao os olhos

do meu coraçao.




Campo que te estendes

com verdura bela

ovelas que nela

vosso pasto tendes.



De ervas vos mantendes

que traz o verao

e eu das lembranças

do meu coraçao.

Luís de Camoes
E aquí podedes ver o resto das imaxes:


Chispa tamén vos felicita por este traballo.
No Diario de Ferrol máis.

17/5/11

FERMOSA LINGUA, LINGUA NOSA



Queremos axudar á divulgación destes fermosos vídeos para celebrar este día.



FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!






Letras Galegas 2011: Lois Pereiro

Se premes na imaxe de Lois Pereiro poderás acceder a un montón de recursos sobre o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2011 elaborados nos centros escolares galegos, recollidos en Trafegando Ronseis. Grazas Anxo e Gracia!!!




E se premes na sinatura do poeta, poderedes aceder ao seu poemario.

2/5/11

Letras Galegas 2011: Lois Pereiro


Grazas á nosa ex-compañeira e amiga Ana Martinez podemos empezar a traballar o Día das Letras Galegas con este libro LIM para Infantil e 1º ciclo sobre o escritor e poeta Lois Pereiro, a quen se lle adica este día no ano 2011. Grazas, compi!!!






1/4/11

Por que o preguntas?


Por que falas galego? E para que? Para que che serve? Pero por que te empeñas en seguir falándoo? Ademais, que galego falas? Ese inventado? Ou o do bruto, o da aldea?


Os galegofalantes teñen que escoitar preguntas deste tipo, que non só fan os castelanfalantes, senón toda unha sociedade comesta polos prexuizos, e que levan á discriminación dos galegofalantes e as fecharlle as portas do idioma ao resto dos cidadáns. Mudar as imaxes negativas que existen sobre a nosa lingua é algo clave para avanzar na súa normalización.

Aquí tedes o documental "Linguas Cruzadas" e unha Unidade Didáctica para traballar con el.







Na páxina da Coordinadora Galega Equipos de Normalización Linguística tedes un montón de recursos para traballar nas aulas e loitar contra os prexuizos lingüísticos.

Preme na imaxe a continuación para acceder a eles.

21/3/11

Convida o galego

Hai 6 mil linguas no mundo. Canta riqueza!
Estas linguas son creacións únicas de sociedades singulares. Necesitan protección e o teu compromiso para permaneceren no tempo, entre xeracións, para seguiren sendo linguas vivas.


17/3/11

"ROGER DE FLOR: NATURALIDADE SILVESTRE" e "O SOLDADIÑO DE CHUMBO" OPTAN AOS PREMIOS MESTRE MATEO





Tal e como podiamos ler onte no Diario de Ferrol, "O soldadiño de chumbo" opta ao premio Mestre Mateo da man da súa directora, Peque Varela e a súa produtora, Chelo Loureiro. Tamén podemos felicitar ao director Carlos Alberto Alonso pola súa candidatura á longametraxe documental: "Roger de flor: Naturalidade silvestre". Moita sorte para estes tres ferroláns.

11/3/11

Pintar con palabras

Hai xa algo máis dun mes e para celebrar o Día da Candeloria as nenas e nenos da aula de 5 anos empezaron a preparar este fermoso traballo, falando do bo que cada un de nós tiña e pouco a pouco foron saíron unhas fermosas poesías.
Fixéronas entre todos e logo cada un escribiu a súa. Ademáis a profe sacoulles unhas fotos, de frente e de perfil coas que fixeron uns divertidos collages. Poesía para os oídos pero tamén poesía para mirar.
E aquí tedes o resultado!!!