24/1/11

Había: con h, con b e til no i


Dende Mesturas chéganos esta carta dunha alumna do seu centro: Elena Vázquez Sarandeses.

Así, así, a administración, os mestres, ou quen fose o responsable da redacción das probas, dando exemplo.

16/1/11

A Galipedia engadiu hoxe 5.000 artigos


A Wikipedia naceu hai agora dez anos como "un proxecto internacional feito por voluntarios, co propósito de facer unha enciclopedia libre, accesible, colaborativa e de balde en moitos idiomas. O obxectivo é a plena transmisión da sabedoría e o coñecemento sen restricións editoriais nin comerciais", anuncian na páxina principal da Galipedia, onde lembran ademais que "desenvolvemento da Wikipedia está aberto a toda persoa interesada en contribuír" a este proxecto.
A Galipedia, a versión galega comezouse o 8 de marzo do 2003, polo que falta menos de dous meses para que celebre o seu oitavo aniversario.
E para celebralo, a versión galega desta enciclopedia, engadiu hoxe 5.ooo novos artigos, alcanzando xa os 67.000 !!!
Vía GaliciaHoxe.com

17/12/10

Postais dixitais

Este ano podedes felicitar as festas aos vosos amigos e familiares empregando as postais feitas polos nenos e nenas do CEIP de Pazos desde a web da Coordinadora Galega de Normalización Lingüística, premendo no seguinte ENLACE.

As tarxetas seleccionadas para enviar á CGNL no noso Centro foron as de:

ELIA SOMAZA NIETO (6º EI)

SABELA FERNÁNDEZ GONZÁLEZ (1º EP)

ERNESTO CASERO JARA (3º EP)

LUCÍA HUERGO PITA (6º EP)

Sorprendede aos vosos con felicitacións tan fermosas como estas!!!

16/12/10

Regalemos galego. Por que non?

Aquí tedes algunha idea para incluir na carta aos Reis Magos e tamén para regalar, a grandes e pequenos, pero sempre en galego.

Vía o ENDL do CPI Vicente Otero Valcárcel de Carral.




Vía a Coord.Traballadores de Normalizaión Lingüística.




Vía a Secretaría Xeral de Política Lingüística.

14/12/10

O galego = Lingua Forte

Este ano, desde o Equipo de Dinamización Lingüística decidiuse elaborar un calendario de sobremesa, cun lema en prol do galego, polo que fixemos un concurso no que resultou elixido o debuxo de Xana Fernández Leira de 4º de Primaria.

E cos demáis debuxos, fixemos un video no que os desexos para o aninovo convertíronse en anhelos para que o galego sexa unha lingua forte.



13/12/10

O Apalpador.

Desde o CRA Raíña Aragonta chéganos este libro LIM sobre a figura do Apalpador. Como sempre, preme na imaxe a continuación para empezar a xogar.



12/12/10

O Apalpador


Desde o Outeiro de Matilda, chéganos este Gloster sobre o Apalpador.

10/12/10

Recursos para o Nadal


Preme na imaxe para acceder ao banco de recursos en galego para o Nadal, da man da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística.

8/12/10

A EDUCACIÓN PÚBLICA GALEGA BEN PARADA NO INFORME PISA 2009

Unha vez máis debemos reflexionar sobre estes resultados. O ensino público galego e en galego ten aval.
PISA 2009:
Galicia supera a media española en lectura (en castelán) e
saca notable en matemáticas (impartidas en galego).

27/11/10

ADEUS A FERNÁNDEZ DEL RIEGO


97 palomas para Don Paco: isto ocurría en xaneiro deste ano.
Onte, tristemente, despedimos a
Francisco Fernández del Riego, intelectual, escritor -Don Paco, Home Luz- fundador da Editorial Galaxia, Director da Biblioteca Penzol en Vigo durante case medio século, que desenvolveu unha traxectoria en prol da cultura e a lingua galegas.



Faro de Vigo , Xornal de Galicia.com, La Voz de Galicia, Wikipedia

19/11/10

O labirinto dos soños

Fóra das salas de cine, un proxecto de animación en tres dimensións realizado en Galicia está a amosar as posibilidades creativas que existen no noso país e o aproveitamento que se fai das novas tecnoloxías. “O labirinto dos soños” é unha película de debuxos animados. Un proxecto musical. Un xogo. Unha unidade didáctica. Todo feito desde Galicia e distribuído a través de librerías.

Pincha na imaxe para velo!!!

Seis capítulos dunha serie de animación para TV, na que cada capítulo corresponde a unha canción. Conta as peripecias de Ventura tres pelos, un rapaz que nunca quería durmir porque non sabía soñar. Ata que unha noite, lendo un libro de contos, quedou por fir durmido e comezou a soñar. pero tanto soñou que soñaba e así. quedou atrapado no labirinto dos soños, onde vive as máis extraordinarias aventuras e desventuras. Ventura aínda continúa atrapado no labirinto, un lugar con moitos camiños, pero cunha soa saída.