1/4/11

Por que o preguntas?


Por que falas galego? E para que? Para que che serve? Pero por que te empeñas en seguir falándoo? Ademais, que galego falas? Ese inventado? Ou o do bruto, o da aldea?


Os galegofalantes teñen que escoitar preguntas deste tipo, que non só fan os castelanfalantes, senón toda unha sociedade comesta polos prexuizos, e que levan á discriminación dos galegofalantes e as fecharlle as portas do idioma ao resto dos cidadáns. Mudar as imaxes negativas que existen sobre a nosa lingua é algo clave para avanzar na súa normalización.

Aquí tedes o documental "Linguas Cruzadas" e unha Unidade Didáctica para traballar con el.







Na páxina da Coordinadora Galega Equipos de Normalización Linguística tedes un montón de recursos para traballar nas aulas e loitar contra os prexuizos lingüísticos.

Preme na imaxe a continuación para acceder a eles.

21/3/11

Convida o galego

Hai 6 mil linguas no mundo. Canta riqueza!
Estas linguas son creacións únicas de sociedades singulares. Necesitan protección e o teu compromiso para permaneceren no tempo, entre xeracións, para seguiren sendo linguas vivas.


17/3/11

"ROGER DE FLOR: NATURALIDADE SILVESTRE" e "O SOLDADIÑO DE CHUMBO" OPTAN AOS PREMIOS MESTRE MATEO





Tal e como podiamos ler onte no Diario de Ferrol, "O soldadiño de chumbo" opta ao premio Mestre Mateo da man da súa directora, Peque Varela e a súa produtora, Chelo Loureiro. Tamén podemos felicitar ao director Carlos Alberto Alonso pola súa candidatura á longametraxe documental: "Roger de flor: Naturalidade silvestre". Moita sorte para estes tres ferroláns.

11/3/11

Pintar con palabras

Hai xa algo máis dun mes e para celebrar o Día da Candeloria as nenas e nenos da aula de 5 anos empezaron a preparar este fermoso traballo, falando do bo que cada un de nós tiña e pouco a pouco foron saíron unhas fermosas poesías.
Fixéronas entre todos e logo cada un escribiu a súa. Ademáis a profe sacoulles unhas fotos, de frente e de perfil coas que fixeron uns divertidos collages. Poesía para os oídos pero tamén poesía para mirar.
E aquí tedes o resultado!!!



24/1/11

Había: con h, con b e til no i


Dende Mesturas chéganos esta carta dunha alumna do seu centro: Elena Vázquez Sarandeses.

Así, así, a administración, os mestres, ou quen fose o responsable da redacción das probas, dando exemplo.

16/1/11

A Galipedia engadiu hoxe 5.000 artigos


A Wikipedia naceu hai agora dez anos como "un proxecto internacional feito por voluntarios, co propósito de facer unha enciclopedia libre, accesible, colaborativa e de balde en moitos idiomas. O obxectivo é a plena transmisión da sabedoría e o coñecemento sen restricións editoriais nin comerciais", anuncian na páxina principal da Galipedia, onde lembran ademais que "desenvolvemento da Wikipedia está aberto a toda persoa interesada en contribuír" a este proxecto.
A Galipedia, a versión galega comezouse o 8 de marzo do 2003, polo que falta menos de dous meses para que celebre o seu oitavo aniversario.
E para celebralo, a versión galega desta enciclopedia, engadiu hoxe 5.ooo novos artigos, alcanzando xa os 67.000 !!!
Vía GaliciaHoxe.com

17/12/10

Postais dixitais

Este ano podedes felicitar as festas aos vosos amigos e familiares empregando as postais feitas polos nenos e nenas do CEIP de Pazos desde a web da Coordinadora Galega de Normalización Lingüística, premendo no seguinte ENLACE.

As tarxetas seleccionadas para enviar á CGNL no noso Centro foron as de:

ELIA SOMAZA NIETO (6º EI)

SABELA FERNÁNDEZ GONZÁLEZ (1º EP)

ERNESTO CASERO JARA (3º EP)

LUCÍA HUERGO PITA (6º EP)

Sorprendede aos vosos con felicitacións tan fermosas como estas!!!

16/12/10

Regalemos galego. Por que non?

Aquí tedes algunha idea para incluir na carta aos Reis Magos e tamén para regalar, a grandes e pequenos, pero sempre en galego.

Vía o ENDL do CPI Vicente Otero Valcárcel de Carral.




Vía a Coord.Traballadores de Normalizaión Lingüística.




Vía a Secretaría Xeral de Política Lingüística.

14/12/10

O galego = Lingua Forte

Este ano, desde o Equipo de Dinamización Lingüística decidiuse elaborar un calendario de sobremesa, cun lema en prol do galego, polo que fixemos un concurso no que resultou elixido o debuxo de Xana Fernández Leira de 4º de Primaria.

E cos demáis debuxos, fixemos un video no que os desexos para o aninovo convertíronse en anhelos para que o galego sexa unha lingua forte.



13/12/10

O Apalpador.

Desde o CRA Raíña Aragonta chéganos este libro LIM sobre a figura do Apalpador. Como sempre, preme na imaxe a continuación para empezar a xogar.



12/12/10

O Apalpador


Desde o Outeiro de Matilda, chéganos este Gloster sobre o Apalpador.

10/12/10

Recursos para o Nadal


Preme na imaxe para acceder ao banco de recursos en galego para o Nadal, da man da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística.