O INVERNO EN EDUCACIÓN INFANTIL
Hace 2 meses
Moito antes de que a sociedade de consumo importase dos países nórdicos a Papá Noel, en Galiza xa habitaba a figura mítica do Apalpador. O Apalpador é un home de barba rubia, un vello xigante, que vive nas devesas das altas montañas facendo carbón para escorrentar o frío do inverno. Na noite do 24 de decembro baixa ata as aldeas, métese polas chemineas nas casas e achégase aos nenos e ás nenas que dormen ao remol das mantas e apálpalles as barrigas para ver se os cativos están ben alimentados. Dálles un bico na meixela e déixalles unha presa de castañas para que non pasen fame. Mañá é Noite Boa, noite na que celebramos o nacemento de Xesús. Aquí vos deixo este precioso vídeo que recolle este gran momento, coa música de Berrogüetto "Nadal de Luintra" e as imaxes de "Natividad, la historia", de Catherine Hardwicke.

