15/11/09

Primeiras rimas do PEÓN


San Martiño chegou,
e nos peóns pensou. (Feli)

Trompo no camiño
e ri o meniño. (Feli)

Buxaina redonda,
o que non queira xogar
que se esconda. (Feli)

O peón
ten barriga de melón. (Fabio, 4º curso)

A piola
pon a buxaina tola. (Paula, 4º)

Chegou san Martiño
con moito fresquiño. (David, 4º)

Nenos no patio
xogando aos peón,
alegres, contentos,
cantando cancións. (Alumnos e alumnas de 4º)

Cantando e bailando felices,
chegou San Martiño con moitas perdices. (David, 4º)

No outono,
buxainas para todos. (David, 4º)

Os nenos e nenas de Pazos
cantaron a canción
do peón. (Andrea, 4º)

A buxaina co ferrón,
unha castaña estoupou. (Feli)

Fun polo camiño
con peóns, leite e viño. (Miriam, 4º)

A castaña estoupou
e a cabaza un susto levou. (Paula e Miriam, 4º)

A buxaina tola
enrólase coa piola. (Feli, 4º)

Aos nenos xoguetóns
gústanlles os peóns. (Nenos e nenas de 4º)

5 comentarios:

  1. GUSTOUNOS MOITO BAILAR AS BUXAINAS E TODAS AS RIMAS QUE VIMOS, MOITAS RIMAS DE 4º DE PRIMARIA.
    FIXEMOS MOITAS COUSAS DE BUXAINAS E OS DE 5º FIXEMOS MOITAS RIMAS BONITAS. E ROSANA FIXO TAMÉN DÚAS RIMAS MÁIS QUE RIMAN E TODO.
    PAULA E LEANDRA

    ResponderEliminar
  2. O que máis me gustou foron todas as rimas de cuarto. Todo o que pon Rosana é incrible.
    Carolina, de 5º.

    ResponderEliminar
  3. Gustáronnos moito as rimas, son moi bonitas. Nós tamén fixemos unha; esperamos velas pronto no blog.
    Alba e Lucía de 5º

    ResponderEliminar
  4. O que máis me gustou foi a rima da castaña que estoupou. Tamén me gustou a buxaina tola de Feli.
    Alejandro

    ResponderEliminar
  5. Grazas por eses comentarios que escribistes, pero acabo de ver as vosas rimas e están moi ben,moi ben.
    Un saúdo agarimoso de Feli.

    ResponderEliminar