Este venres celebramos o Magosto e o Samaín. Primeiro comemos as castañas no patio. Mmmmm! Que ricas. Castañas con leite. Despois limpamos e recollemos todo e fomos ás clases a prepararnos para o desfile do Samaín.
Os maiores, como cada ano, tallamos e adornamos as cabazas no cole. Os peques trouxeron fermosas caveiras das casas, e todos xuntos fixemos un desfile coas luces apagadas e as cabazas acesas, mentres cantabamos unha canción que a nosa profe Feli compuxo hai anos, e que a nós encántanos cantar polo Samaín:"Samaín, Samaín, de idade celta,
Samaín, Samaín, chegou o Samaín. (bis)
Somos as caveiras
do colexio de Pazos
aquí vimos todas
a darvos abrazos. (bis)
Samaín, Samaín, de idade celta
Samaín, Samaín, chegou o Samaín. (bis)
Desfilamos xuntas
ríndonos do mal
non teñades medo
deste festival. (bis)"
Despedímonos cantando Samaín, do noso compañeiro Jesús Pareja. Xa a coñecedes de entradas antigas pero se a queredes volver escoitar non tedes máis que picar aquí.
No hay comentarios:
Publicar un comentario