31/5/10

X CERTAME POESÍA E IMAXE


Hoxe tivo lugar o encontro que periodicamente a Coordenadora das Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra convoca neste tempo dende hai xa dez anos. A primavera e a poesía sempre foron da man, e esta tarde tivemos a oportunidade de ver os fermosos traballos dos distintos niveis educativos na exposición do Centro Cívico Carvalho Calero. Mesmo contamos coa música dun grupo de estudantes do Conservatorio de Ferrol que nos fixeron mover os pés ao ritmo de moitas pezas tradicionais galegas, e que despediron o acto cun emotivo Himno Galego que todos os demais cantamos.
Desde aquí queremos felicitar a quen cada ano fai posible que isto se repita, e a todas e todos os participantes polo seu magnífico traballo.
En especial, a nosa NORABOA a Anxo, Ernesto e Laura.
Moitas felicidades e...
A SEGUIR TRABALLANDO ASÍ DE BEN.
ESPERAMOS A PRÓXIMA CITA, ATA ENTÓN...
QUE VIVA A POESÍA! QUE VIVA O GALEGO!









A hortiña: un lugar de encontros e xogos en galego.


Un grupo de pais e nais de Ferrolterra deciden xuntarse para que os seus fillos e fillas teñan a oportunidade de xogar e medrar en galego nun entorno castelán-falante como o que nos rodea.


O vídeo dirixido por Ana Mª Pérez Rico, mestra no CEIP de Centieiras, forma parte da campaña "Orgullosos do noso, orgullosos do galego" da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización Lingüística.




En Galego tamén se fai ciencia

A defensa do galego vai máis alá do emprego literario ou da reflexión lingüística, e inclúe o seu uso cotián en todos os ámbitos, tamén nos espazos específicos de investigación. As tres universidades galegas inician a campaña "En galego tamén se fai ciencia".

Xavier Alcalá, Beatriz de Carlos, Ángel Carracedo, Domingo Docampo, Edita de Lorenzo, Marcos Mariño, Jorge Mira e Elena Vázquez-Cendón son algunhas das persoas que fan ciencia en galego, e que, ademais, quixeron dar as súas ideas, poñer os seus rostros e explicitar o seu compromiso na campaña En galego tamén se fai ciencia, promovida polos servizos de normalización lingüística (SNL) das tres universidades galegas.Toda a información en www.engalegotamensefaiciencia.eu


20/5/10

UXÍO NOVONEYRA

Mañá celebraremos na nosa biblioteca o Día das Letras Galegas, con cancións, poemas, teatro e adiviñas, e aproveitaremos para repartir a pegatina que elaboramos para a conmemoración desta festa.
Estas semanas estivemos a traballar para preparar a exposición.


Este poema adicoullo á súa filla, Branca-Petra.

No bicarelo do bico do brelo canta o paxariño.
No mesmiño bicarelo do bico do brelo.

E aquí deixamos unhas imaxes de O Courel con música de Luar na Lubre


En pequesPazos e Cinco anos e máis tedes outras cousas interesantes para ver, non deixedes de visitar estes blogs de infantil.

9/5/10

POEMAS DE UXÍO DESDE MOAÑA

Esta é a escolma que nos envían desde o CEIP de Quintela, en Moaña.
Quince poemas para recitar con esta preciosa presentación. Grazas a Isa e a Belén por compartir este traballo tan bonito.

6/5/10

Letras Galegas 2010: Uxío Novoneyra

Uxío Novoneyra naceu en Parada de Moreda, Courel, en 1930, fillo dunha familia de labregos. Esta terra será o principal referente físico para os seus versos, ofrecendo unha anovadora visión da paisaxe dentro da literatura galega. No ano 1955 deu ao prelo Os eidos, poemario con que comeza un ciclo poético que retomará con Os eidos 2. Letanía de Galicia e outros poemas (1974). Nos comezos da década de 80, o poeta principia a recompilar e depurar o seu ciclo courelán, dando a lume Os eidos. Libro do Courel (1981), que terá diversas reedicións. No ano 1983 afíncase definitivamente en Santiago, cidade desde a cal exerceu como presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega, até a súa morte no ano 1999.



Ler máis na páxina da ASOCIACIÓN DE ESCRITORES EN LINGUA GALEGA.

Desde a Coordinadora Galega dos Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística podemos acceder a unha recopilación de materiais didácticos elaborados para conmemorar o Día das Letras Galegas 2010, adicado a Uxío Novoneyra.


(preme na imaxe para seguir a ligazón)

desconxeLE

desconxele é un proxecto de fomento do hábito lector que se puxo a andar neste 23 de abril Día do Libro.
Para non chegar a un enfriamento lector, desde a Editora 2.0 propoñennos desconxelar as lecturas dos nosos andeis-conxeladores ou que nos acheguemos á nosa libraría de referencia para conseguir un novo libro e realizar o acto lector. Tamén pódese conservar no andel para cando o acto lector che sexa máis apropiado.
Lembra que ler é conversar cun autor, un diálogo continuo e perdurable do que sempre disporemos, sexa conservado en formato sólido (en papel) ou en formato líquido (dixital).

En canto a esta nova campaña, modesta polo momento, conta cun vídeo que podedes ver a continuación.



En 60 librarías de toda Galicia distribúese este empaquetado específico para os libros que merquedes. Tenta conseguir o teu!!

Ademais, desde a queremos propoñerche que envíes a este correo electrónico unha listaxe cos 5 libros imprescindibles que cres que deben estar traducidos ao galego.

Participa da implementación desta campaña propoñéndonos accións creativas para o fomento do hábito lector. Achégate a nós. Temos moito por facer na comunidade galega de lectura e queremos contar co teu pulo. Anímate!!!