Os estudos sobre adquisición de linguas demostran que os nenos e as nenas que crecen en contacto con varias linguas teñen moita máis facilidade no futuro para a comunicación, as habilidades sociais e a aprendizaxe. Podemos aproveitar a presenza do galego na nosa sociedade para mellorar a formación dos nosos fillos e fillas. O galego é riqueza para o futuro, nunca un problema para aprender. Axudádelles aos vosos fillos e fillas a aprender o galego como unha lingua de seu, non como unha lingua estraxeira.
No hay comentarios:
Publicar un comentario