23/12/09
Quen é o Apalpador?

O Apalpador é moi lambeteiro e se os nenos lle deixan un calcetín ou uns zapatos con algo doce para axudarlle a andar toda a noite visitando todas as casas de todos os nenos galegos, el entrégalles os agasallos de madeira, tea e cartón que fixo coas súas mans no tempo de lecer do resto do ano.
Ao Apalpador gústanlle máis os xoguetes feitos á man con materiais naturais como a madeira ou o barro, cheos de cariño e respectuosos co medio ambiente, que aqueles de plástico, automáticos e con pilas que gastan moita enerxía e empobrecen os nenos e nenas doutas partes do planeta.
Imaxe: Leandro Lamas
Na columna da dereita deixámosvos un montón de materiais sobre o Apalpador que fomos encontrando na rede. Para desfrutar en familia e recuperar esta vella tradición galega.
Etiquetas:
Apalpador,
Leandro Lamas,
Vieiros da Escola
Bo Nadal
Mañá é Noite Boa, noite na que celebramos o nacemento de Xesús. Aquí vos deixo este precioso vídeo que recolle este gran momento, coa música de Berrogüetto "Nadal de Luintra" e as imaxes de "Natividad, la historia", de Catherine Hardwicke.
Etiquetas:
Berrogüetto Nadal,
Catherine Hardwicke
12/12/09
CAMPIONATO DE TRIVIAL PARDO DE CELA


Anímate a participar!!
Pardo de Cela Rodríguez de Aguiar e Ribadeneyra, tamén coñecido como Don Pedro Pardo de Cela foi un Mariscal galego do século XV, fillo de Xoán Núñez Pardo, señor da Torre de Cela e de Don Teresa Rodríuez de Aguiar decapitado o 17 de decembro de 1483, dez días despois de ter conseguido escapar pai e fillo dunha redada co seu fillo de 22 anos, Pedro Pardo de Cela e de Castro, sendo ambos, siendo executados diante da catedral de Mondoñedo por mandato dos Reis Católicos.
En lembranza daquel feito convócase esta edición do TRIVIAL.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)